Imos falar das medidas de seguridade básicas e das proteccións que debemos usar cando montamos en bici, en monopatín... para evitar sustos e lesións graves.
Como mínimo sempre debemos levar o casco, moi importante para evitar golpes na cabeza, e completar cunhas xeonlleiras, protectores para as mans ou os cóbados...
Se imos a practicar deporte á tardiña, tamén é importante levar roupa clara ou reflectante para ser ben visibles aos demáis vehículos.
E por último buscade sempre un espazo axeitado á práctica deportiva, evitando zonas peonís ou con acceso ao tráfico.
E para rematar, un vídeo (non intentedes facer o mesmo! son profesionais):