Mostrando entradas con la etiqueta Xogos Olímpicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos Olímpicos. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de agosto de 2012

Xa queda menos!

Ola, ola, rapaces!
Que tal ese verán? Seguro que moi ben, e moi moreniños. Como di o título da entrada, ide aproveitando o que queda, que en nada xa estamos de novo no cole. Non estaría de mais que empezasedes a repasar un pouquiño de matemáticas, que seguro que a estas alturas xa se vos olvidou case todo. Xa sabedes: as táboas, sumas, restas, multiplicacións, divisións, problemas... vamos, todo iso que tanto vos gusta. Jeje.
Estou segura de que seguíchedes as Olimpiadas, non si? Cal foi o deporte que máis vos gustou? A min a ximnasia e a natación sincronizada. Menudos fenómenos (e fenómenas)!
Aquí vos deixo unhas cantas fotos sobre os deportistas máis destacados, incluidos os españois, por suposto.

E agora, imos falar un pouquiño deste home, que é todo un exemplo de superación. Fixadevos ben na foto:

O seu nome é Oscar Pistorius. É un atleta sudafricano, ao que lle amputaron as pernas con 11 meses de idade porque nacera sen peroné. A ver, pensade que é iso do peroné, que xa o demos. Pois o lóxico é que participase nos Xogos Paralímpicos, e así o fixo ata agora, conseguindo a mellor marca de velocidade nos 400m. Pero pedíu ir aos Xogos Olímpicos, e finalmente cumplíu o seu soño. Non estivo entre os primeiriños, pero dende logo é admirable. Ben rapaciños, aquí me despido. Ata máis ver!

miércoles, 29 de febrero de 2012

Usain Bolt

O apodo deste jamaicano é "Lightning Bolt" (non penso traducilo, sabedes o significado de light, así que a pensar) e aos seus 25 anos xa é toda unha celebridade no mundo do deporte. Caracterízase por ser un dos corredores máis altos que compiten actualmente en atletismo, e ademáis gañou tres oros nos últimos Xogos de Pekín en 2008, batindo as plusmarcas mundiais en 100 e 200 metros lisos vixentes ata o momento.
Fixo os 100 m en 9,58 segundos!! e se non fixera o xesto cos brazos antes de chegar a meta para celebrar a súa inminente victoria, de seguro o tempo sería aínda menor.
O próximo día no patio marcamos os 100m e vamos a comprobar cánto nos leva a nós. De seguro que moito!
Comprobade vos mesmos a grandiosidade de Lightning Bolt (un consello, non pestanexedes ou volo perdedes. jaja):

jueves, 16 de febrero de 2012

Gemma Mengual

Outra das grandes figuras dos Xogos é Gemma Mengual, unha das mellores nadadoras da natación sincronizada do noso país e do mundo enteiro.
Conseguíu dúas medallas de prata nos últimos Xogos de Pekín, aínda que estas son unha pequena parte do medallero conseguido durante todos estes anos en campeonatos europeos, mundiais...
Espero que disfrutedes con este vídeo onde se mostra o exercicio que fai coa súa compañeira Andrea Fuentes, e co cal gañaron unha medalla de prata nos mundiais.
Pero todo o bo acaba, e onte decidiu anunciar a súa retirada como deportista de élite; incluso os mellores deportistas deben xubilarse, e agora tocoulle o turno. Pero sempre nos quedarán os seus magníficos e innovadores exercicios para a lembranza. Gracias, Gemma!

martes, 14 de febrero de 2012

Jesse Owens



Archivo:Jesse Owens.jpgSeguindo co tema dos mellores deportistas dos Xogos, esta semana toca falar de Jesse Owens, coñecido velocista que rompeu o record vixente ata o momento en 200 metros lisos, e que gañou 4 medallas de ouro neses Xogos de Berlín.
Sabedes onde queda Berlín? Exacto, en Alemania. E todo isto ocorreu no ano 1936, é dicir, ás portas da Segunda Guerra Mundial.
Adolf Hitler tentaba con estes xogos mostrarlle ao mundo a superioridade da "raza aria" (é dicir, os blancos) sobre os negros, que eran considerados inferiores. Por suposto, os nazis esperaban gañar un carro de medallas, así que imaxinádevos a cara que se lles quedou cando un corredor negro, neto dun escravo e fillo dun granxeiro, demostrou o equivocados que estaban.
De feito, Hitler negouse a darlle a man aos deportistas negros e aplaudiu soamente aos deportistas alemáns. O Comité Olímpico considerou isto como unha conducta antideportiva, (vos que opinades?) e deulle a elixir entre aplaudir a todos os deportistas ou a ningún. Hitler decidíu non aplaudir a ningún, e non asistíu ás presentacións de medallas.
E por todo isto, Jesse Owens é considerado non só un grandísimo deportista, senón un dos referentes da igualdade e a deportividade.



jueves, 9 de febrero de 2012

Xogos Olímpicos

Cada catro anos, celebramos os Xogos Olímpicos. Este ano toca en Londres, ven cerquiña de aquí. Na clase fixemos un repaso dalgúns dos máis famosos deportistas que participaron en tan grandioso evento.
E como exemplo, Nadia Comaneci, a primeira ximnasta en conseguir un 10 na historia dos Xogos, aínda que non foi o único da súa carreira. Se queredes saber un pouquiño máis sobre ela, podédesvos achegar ata a porta da nosa clase, onde colgamos un traballiño moi xeitoso que fala de todo isto.


Cada semana colgaremos un pouquiño de información sobre cada un dos deportistas que traballamos, aínda que son moitos e seguro que algún nos queda atrás.