Mostrando entradas con la etiqueta Técnicas de estudio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Técnicas de estudio. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de mayo de 2012

Conselliños para os exames

Bueno, rapaces!
Esta é unha mensaxe de ánimo, para que mañá non esteades nerviosos polas dichosas probas de diágnóstico.
Lembrade estes sinxelos consellos, e todo irá sobre rodas. Xa veredes como o ides facer ben:

  • Durmide ben pola noite, que con preocuparvos non solucionades nada. O único que ides conseguir é estar aparvados o día do exame. E iso non é bo, non si?
  • Antes de contestar nada, LEDE BEN O QUE VOS PREGUNTAN (deberían pagarnos aos papás e a min por cada vez que dicimos isto, seguro que xa eramos millonarios). 
  • Se tendes dúbidas sobre o plantexamento dalgún exercicio, preguntade
  • Administrade ben o tempo. Non papedes moscas diante dun exercicio porque non sae se tendes aínda que respostar outros exercicios. O que non saibades, deixádeo para o final.
  • Unha vez que rematedes, repasade as vosas respostas. Se hai algunha redacción, lédea amodiño para saber se puntuáchedes ben, se hai faltas, se o que escribíchedes ten sentido...
  • E por último, se sabedes rezar, rezade. Disque axuda. Ja, ja, ja!
Bueno, bromas fora. Estes conselliños tamén vos irán moi ben para calquer exame ou proba que realicedes no colexio, instituto, universidade, ciclo...
Pero claro, os milagres non existen. Así que o primeiriño de todo será estudiar. Pero isto non fai falta que o diga, ou si?