Esta é unha mensaxe de ánimo, para que mañá non esteades nerviosos polas dichosas probas de diágnóstico.
Lembrade estes sinxelos consellos, e todo irá sobre rodas. Xa veredes como o ides facer ben:
- Durmide ben pola noite, que con preocuparvos non solucionades nada. O único que ides conseguir é estar aparvados o día do exame. E iso non é bo, non si?
- Antes de contestar nada, LEDE BEN O QUE VOS PREGUNTAN (deberían pagarnos aos papás e a min por cada vez que dicimos isto, seguro que xa eramos millonarios).
- Se tendes dúbidas sobre o plantexamento dalgún exercicio, preguntade.
- Administrade ben o tempo. Non papedes moscas diante dun exercicio porque non sae se tendes aínda que respostar outros exercicios. O que non saibades, deixádeo para o final.
- Unha vez que rematedes, repasade as vosas respostas. Se hai algunha redacción, lédea amodiño para saber se puntuáchedes ben, se hai faltas, se o que escribíchedes ten sentido...
- E por último, se sabedes rezar, rezade. Disque axuda. Ja, ja, ja!
Pero claro, os milagres non existen. Así que o primeiriño de todo será estudiar. Pero isto non fai falta que o diga, ou si?
Xa fixemos a proba de diagnóstico e non era tan difícil como parecia.
ResponderEliminarXa fixemos dous exámenes e estuveron chupados.
Tes toda a razon.
ResponderEliminarOla profe Cova, somos as 2 maripilis, e a verdade e que te botamos moito de menos. ;)
ResponderEliminarMoitas grazas por ensinarnos estas tecnicas para os exames .
ResponderEliminar