martes, 22 de mayo de 2012

Conselliños para os exames

Bueno, rapaces!
Esta é unha mensaxe de ánimo, para que mañá non esteades nerviosos polas dichosas probas de diágnóstico.
Lembrade estes sinxelos consellos, e todo irá sobre rodas. Xa veredes como o ides facer ben:

  • Durmide ben pola noite, que con preocuparvos non solucionades nada. O único que ides conseguir é estar aparvados o día do exame. E iso non é bo, non si?
  • Antes de contestar nada, LEDE BEN O QUE VOS PREGUNTAN (deberían pagarnos aos papás e a min por cada vez que dicimos isto, seguro que xa eramos millonarios). 
  • Se tendes dúbidas sobre o plantexamento dalgún exercicio, preguntade
  • Administrade ben o tempo. Non papedes moscas diante dun exercicio porque non sae se tendes aínda que respostar outros exercicios. O que non saibades, deixádeo para o final.
  • Unha vez que rematedes, repasade as vosas respostas. Se hai algunha redacción, lédea amodiño para saber se puntuáchedes ben, se hai faltas, se o que escribíchedes ten sentido...
  • E por último, se sabedes rezar, rezade. Disque axuda. Ja, ja, ja!
Bueno, bromas fora. Estes conselliños tamén vos irán moi ben para calquer exame ou proba que realicedes no colexio, instituto, universidade, ciclo...
Pero claro, os milagres non existen. Así que o primeiriño de todo será estudiar. Pero isto non fai falta que o diga, ou si?

martes, 8 de mayo de 2012

Roupa tradicional galega

Imos ver unhas fotiños da roupa típica dos labregos fai 100 ou 150 anos atrás. Lembrades que Lidia trouxo a roupa de festa galega? Pois esta é a roupa de festa do home e da muller:

Pero esta vestimenta pode variar dunha zona a outra:

E por suposto, non podemos olvidar estoutros: 

Seguro que recoñecedes algún dos disfraces desta foto, non? Algúns deles teñen centos de anos de tradición.
E que hai do calzado? Para aqueles afortunados que podían pagalo, estaban as chancas de pel, e para traballar no campo, as zocas.
zoco galego 3 por cueroartesano.ZUECOS GALLEGOS .finales XIX. p.p.s XX- DE USO COTIDIANO- 35 cm.Long,total (Antigüedades Técnicas - Antiguedades Rústicas)
E por último, vexamos unha recopilación de fotos antigas que atopei pola rede e que nos poden axudar a ilustrar un pouquiño como se vivía naquela época.



Se queredes coñecer algo máis sobre este tema, recoméndovos que visitedes o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e alí poderedes ver unha mostra mais detallada do que se mostra aquí.

miércoles, 2 de mayo de 2012

A horta


Xa se sabe que "en abril, augas mil". Imos ver como se presenta maio, porque ata que deixe de chover non podemos empezar a plantar na nosa horta. Pero para ir quentando un pouquiño, imos comezar a facer unhas actividades sinxelas na clase para ter claro algunhas cousas importantes. Os nenos de Infantil tamén se apuntan a isto de ser granxeiros, así que eles tamén van buscar información interesante, e despois poñerémolo en común.
Estamos desexando empezar!