Seguindo co tema dos mellores deportistas dos Xogos, esta semana toca falar de Jesse Owens, coñecido velocista que rompeu o record vixente ata o momento en 200 metros lisos, e que gañou 4 medallas de ouro neses Xogos de Berlín.
Sabedes onde queda Berlín? Exacto, en Alemania. E todo isto ocorreu no ano 1936, é dicir, ás portas da Segunda Guerra Mundial.
Adolf Hitler tentaba con estes xogos mostrarlle ao mundo a superioridade da "raza aria" (é dicir, os blancos) sobre os negros, que eran considerados inferiores. Por suposto, os nazis esperaban gañar un carro de medallas, así que imaxinádevos a cara que se lles quedou cando un corredor negro, neto dun escravo e fillo dun granxeiro, demostrou o equivocados que estaban.
De feito, Hitler negouse a darlle a man aos deportistas negros e aplaudiu soamente aos deportistas alemáns. O Comité Olímpico considerou isto como unha conducta antideportiva, (vos que opinades?) e deulle a elixir entre aplaudir a todos os deportistas ou a ningún. Hitler decidíu non aplaudir a ningún, e non asistíu ás presentacións de medallas.
E por todo isto, Jesse Owens é considerado non só un grandísimo deportista, senón un dos referentes da igualdade e a deportividade.
Hitler ten unha conducta antideportiva. Non sei como pudo ser tan poderoso e sre tan malvado.
ResponderEliminar