Lembrades o poema publicado nunha entrada da semana pasada? Pois para os que non deran coa clave, era de Rosalía de Castro, unha importantísima escritora do século XIX nada en Padrón. (Xa vedes, aquí ao ladiño).
E por que é tan importante? Pois por moitas cousas, aínda que a principal para nós os galegos, é que foi unha das primeiras escritoras en recuperar o galego como lingua literaria.
"Profe, non te enrolles, que non entendemos nada!"
Vale, vale. Quero dicir que naquela época o galego apenas se falaba. E aínda por riba, estaba mal visto, porque se pensaba que era de pobres e incultos.
A tradición escrita estaba perdida, é dicir, o galego soamente se utilizaba na lingua oral, e ninguén se atrevía a escribir neste idioma, porque sería un desprestixio para o escritor que ousara semellante cousa.
Por isto Rosalía é tan importante para os galegos. Porque grazas a ela podemos utilizar este idioma noso sen vergoña ningunha. Pero aínda quedan moitas cousas que dicir sobre esta poetisa, así que estade atentos nos vindeiros días, que colgaremos máis cousiñas sobre ela no blog da biblioteca.
Que guapa
ResponderEliminar