viernes, 6 de julio de 2012

Habemus Códice!

Aínda que xa chegaron as vacacións, a cabeciña non para! E hai moitas máis oportunidades de aprender, non o dubidedes.
Seguindo un pouquiño a actualidade, seguro que xa escoitáchedes a noticia do famoso Códice Calixtino. Dichoso libro! E iso que será? E todo este lío por un libro vello?
Pois aínda que non o creades, é unha das obras máis importantes e valiosas do mundo. Para empezar, porque é un dos máis antigos que existen: escribiuse no século XII (é dicir, entre os anos.....? a pensar, que isto xa o demos) e a man, por suposto, que daquela non había ordenadores.
O idioma era o latín, que como xa falamos, era o idioma do pobo romano, que trouxeron a España cando nos conquistaron, e que a Igrexa utilizaba ata fai pouco na misa. Preguntade as vosas avoas, seguro que se lembran das misas en latín.
E de que trata? Pois era unha especie de guía para os peregrinos que facían o Camiño, e tamén falaba das costumes dos pobos e xentes que podían atopar no seu camiño naquela época.
Agora tócavos a vós. Quen pode explicar ben clariño e de maneira sinxela o que pasou con el neste último ano? E onde estaba gardada esta obra antes do roubo? En que provincia? Pista: seguro que se ledes os periódicos estes días, atoparedes a resposta moi facilmente. De chorizos vai a cousa. jajaja. Ala, a poñerse morenos. E estade atentos, que algunha que outra entrada máis poñerei este verán.


Isto sí que é boa letra!

2 comentarios: