lunes, 25 de junio de 2012

Chegou o verán?

Playa paradisiaca1 550x412 Playa Paradisiaca


Vaia, vaia! Xa queda pouquiño para o verán (lembrade que comeza o 21 deste mes) e parece que como non cambien as cousas, poucos días de praia imos ter. Pero como dicimos en Galicia, malo será!

Na praia, como en todos os sitios os que vaiamos, debemos comportarnos adecuadamente, e iso significa...
  1. Gardar todos os desperdicios nunha bolsiña para despois tirar no lixo. Que ben se pasa de merendola na praia! Pero se todos deixasemos o lixo tirado, outro galo cantaría, non sí? E iso  inclue as cabichas (colillas) dos fumadores.
  2. Tentar non gritar demasiado, porque a xente vai a relaxarse, e aínda que o esteamos a pasar moi ben, non ten por que enterarse todo Vilanova, non? E se queremos escoitar música, utilizaremos cascos. Seguro que o noso veciño de toalla o agradecerá.
  3. Na auga, aínda que saibamos nadar, non nos alonxaremos moito da beira, e moito menos se non hai un adulto vixiando. Ata os mellores nadadores poden cometer erros!
  4. En fin, todas aquelas cousas que son de sentidiño común, e que ás veces, se nos olvida aplicar. 
Seguro que se vos ocorre algunha outra. Non dubidedes en publicalos nos comentarios!



martes, 22 de mayo de 2012

Conselliños para os exames

Bueno, rapaces!
Esta é unha mensaxe de ánimo, para que mañá non esteades nerviosos polas dichosas probas de diágnóstico.
Lembrade estes sinxelos consellos, e todo irá sobre rodas. Xa veredes como o ides facer ben:

  • Durmide ben pola noite, que con preocuparvos non solucionades nada. O único que ides conseguir é estar aparvados o día do exame. E iso non é bo, non si?
  • Antes de contestar nada, LEDE BEN O QUE VOS PREGUNTAN (deberían pagarnos aos papás e a min por cada vez que dicimos isto, seguro que xa eramos millonarios). 
  • Se tendes dúbidas sobre o plantexamento dalgún exercicio, preguntade
  • Administrade ben o tempo. Non papedes moscas diante dun exercicio porque non sae se tendes aínda que respostar outros exercicios. O que non saibades, deixádeo para o final.
  • Unha vez que rematedes, repasade as vosas respostas. Se hai algunha redacción, lédea amodiño para saber se puntuáchedes ben, se hai faltas, se o que escribíchedes ten sentido...
  • E por último, se sabedes rezar, rezade. Disque axuda. Ja, ja, ja!
Bueno, bromas fora. Estes conselliños tamén vos irán moi ben para calquer exame ou proba que realicedes no colexio, instituto, universidade, ciclo...
Pero claro, os milagres non existen. Así que o primeiriño de todo será estudiar. Pero isto non fai falta que o diga, ou si?

martes, 8 de mayo de 2012

Roupa tradicional galega

Imos ver unhas fotiños da roupa típica dos labregos fai 100 ou 150 anos atrás. Lembrades que Lidia trouxo a roupa de festa galega? Pois esta é a roupa de festa do home e da muller:

Pero esta vestimenta pode variar dunha zona a outra:

E por suposto, non podemos olvidar estoutros: 

Seguro que recoñecedes algún dos disfraces desta foto, non? Algúns deles teñen centos de anos de tradición.
E que hai do calzado? Para aqueles afortunados que podían pagalo, estaban as chancas de pel, e para traballar no campo, as zocas.
zoco galego 3 por cueroartesano.ZUECOS GALLEGOS .finales XIX. p.p.s XX- DE USO COTIDIANO- 35 cm.Long,total (Antigüedades Técnicas - Antiguedades Rústicas)
E por último, vexamos unha recopilación de fotos antigas que atopei pola rede e que nos poden axudar a ilustrar un pouquiño como se vivía naquela época.



Se queredes coñecer algo máis sobre este tema, recoméndovos que visitedes o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e alí poderedes ver unha mostra mais detallada do que se mostra aquí.

miércoles, 2 de mayo de 2012

A horta


Xa se sabe que "en abril, augas mil". Imos ver como se presenta maio, porque ata que deixe de chover non podemos empezar a plantar na nosa horta. Pero para ir quentando un pouquiño, imos comezar a facer unhas actividades sinxelas na clase para ter claro algunhas cousas importantes. Os nenos de Infantil tamén se apuntan a isto de ser granxeiros, así que eles tamén van buscar información interesante, e despois poñerémolo en común.
Estamos desexando empezar!

jueves, 26 de abril de 2012

Preguntas que me debo facer antes de ter unha mascota

Aínda que desexemos moito ter unha mascota, primeiro temos que preguntarnos certas cousas:



  1. Que coidados necesita? Canto máis sinxelos sexan os coidados, mellor. Un animal que necesite uns coidados moi complexos, dará mais traballo. 
  2. Teño tempo suficiente para coidalo? Se a resposta é negativa, non debería ter ese animal, por moito que o desexe. Por exemplo, se marcho da casa ás 9.00h da mañá e non chego ata as 20.00h da tarde, non debería ter un can, porque non tería tempo para pasealo e pasaría moito tempo solo. Seguro que se aburriría e faría calquer falcatruada na casa, ademáis das súas necesidades. Pero sempre hai alternativas; un gato non necesita que o saquemos á rúa. Son animais caseiros, e fan as necesidades nunha caixa de area.
  3. Qué gastos vou ter? Teño que ter en conta se podo pagar os gastos de comida, vacunas... Hai animais máis caros de manter que outros, xa sexa pola cantidade de comida (un gato come menos que un cabalo) ou polo cara que sexa (unha serpe necesita ratos vivos para comer, por exemplo, e iso non é moi barato.)
  4. Cantos anos vai vivir? Unha cobaia dura máis ou menos 4 anos, mentres que un papagaio casi 80. Teño que ter isto en conta, porque me podo aburrir del rápidamente.
Seguro que hai máis preguntas importantes que debemos plantexarnos, pero aos de 4º se nos ocurriron estas. Se se vos ocorre algunha outra, deixade o voso comentario.

miércoles, 25 de abril de 2012

Razas perigosas

Fila brasileño
Pitbull
Mastín napolitano
Hoxe vamos a falar sobre as catalogadas como razas perigosas. Esta é a listaxe dos principais, pero despois pode variar segundo a comunidade autónoma na que vivamos:
American Staffordshire Terrier
Staffordshire Bull Terrier
Perro de Presa Mallorquin
Bull terrier
Dogo argentino
Fila Brasileño
Presa Canario
Bullmastiff
American Pitbull Terrier
Rottweiller                               
Bull Terrier
Dogo de Burdeos
Tosa Inu
Dogo Argentino
Doberman
Mastín Napolitano
Cruces de las anteriores entre ellos o con otras razas obteniendo una tipología similar:

  • Mas de 20 kg de peso
  • Perímetro torácico entre 60 y 80 cm
  • Cabeza voluminosa y cuello corto
  • Fuerte musculatura
  • Mandíbula grande y boca profunda
  • Resistencia y carácter marcado
2.- Animales agresivos que hayan mordido a personas o animales y cuya agresión ha sido notificada o pueda ser demostrada.
3.- Perros adiestrados para el ataque.
Todos los perros incluidos en los grupos 2 y 3 que no pertenezcan a las razas del grupo 1, perderán la condición de agresivos durante un periodo de adiestramiento, acreditado posteriormente por un veterinario de sociabilidad.

Como vedes, non solo os cans de presa son catalogados como raza potencialmente perigosa, senon todos aqueles que atacaran a outras persoas ou animais. É dicir, un caniche, yorkshire... poderían figurar como perigosos. Hai que puntualizar que a raza non fai que un can sexa agresivo. Coñezo Pitbulls moi mansiños, e caniches que son o terror da aldea. Chámanse de presa porque teóricamente teñen un instinto cazador maior que outras razas, e a súa mandíbula é moito máis potente, e a mordedura, moito mais dañina. Por iso é responsabilidade dos donos educalos adecuadamente.
Hoxe en día a lei esixe que ademáis de chipeados e vacunados, estes cans teñan un seguro propio, paseen con bozal e nalgunhas comunidades, que asistan a un curso de entrenamento canino. Pero sobre todo, e como dí sempre a miña avoa, hai que ter sentidiño. 
Ide recopilando fotos dos vosos cans, que o próximo día as colgamos no blog. 

miércoles, 18 de abril de 2012

Día da Terra

O día 22 de abril celébrase en todo o mundo o Día da Terra. 
A Terra e o seu ecosistema son o noso fogar, e é necesario alcanzar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociales, ambientales das xeneracións presentes e futuras, a armonía coa natureza e a Terra.



Así que... que se che ocorre a tí que podemos facer? Podedes deixar as vosas suxerencias sobre actividades que poidamos levar a cabo nós para conservar o noso planeta.