martes, 31 de enero de 2012

As rimas

Menudos poetas estamos feitos! Xulgade vós mesmos:
    
 O galiñeiro
Ábrese o galiñeiro
coas galiñeiras
pitiños, pitiños
que saen do niño.
O gatiño gordiño 
lambe o seus bigotiños.
O rato branco
sae do seu campo.
O patiño feíño
sae a dar un paseiño.
Péchase o galiñeiro,
é hora de durmir.
(Nico e Alberto)

    O moucho
Moucho, mouchiño,
pola noite saes ó rapiño.
Coa cea nas patas 
comes ata que cansas.
Despois de fartar,
á túa camiña vas descansar.
(Lidia, Stefany e Marta)

       O oso
Ese oso, oso, oso,
é moi goloso.
Ese oso, oso, oso,
é un gran coloso.
Ese oso, oso, oso,
é moi perezoso.

A ese oso perezoso
gústalle o circo, 
onde viven os micos,
que son moi bonitos.
(Adrián M. e Óscar)






3 comentarios: