Estas semanas estivemos a traballar cos diferentes tipos de ecosistemas que podemos atopar no noso planeta. Tamén aprendimos o que debemos facer para conservalos. E para rematar, fixemos uns traballos en grupo que agora vos ensinamos.
A que quedaron bonitos?
Falando dos ecosistemas, o noso patio está bastante sucio, porque no recreo ás veces tiramos basura onde non debemos. Así que ocurríusenos que cada día haberá "vixiantes do recreo". Explicámosvolo: cada día, dous nenos de cada curso coidarán de que ninguén deixe lixo polo chan, nin de que estraguen as plantas. E para identificalos, van levar un pano atado ao pescozo.
esta moi bonito.
ResponderEliminarque traballo deron pero merecéu a pena.
ResponderEliminar