Seguro que xa sabemos o básico, que é darlle de comer todos os días e que teñan sempre auga fresca ao seu alcance. Pero ademáis, hai que vacunalos, desparasitalos, castralos e educalos. Puff! Cantas cousas. Non te estarás pasando, profe?
Veredes; os animais que estén en contacto con humanos, se non están desparasitados e vacunados ademáis de que poden morrer, pódennos transmitir enfermidades aos humanos. É por isto debemos ter a cartilla de vacunación ao día, e utilizar pipetas, collares... para evitar pulgas e garrapatas sobre todo na época de primavera-verán, que é cando máis abundan estes parásitos.
En canto á castración, este é un tema moi controvertido (isto quere dicir que hai moitas opinións ao respecto) porque hai quen di que é un crimen facerlle iso aos animais. O certo é que se non podemos ter controladas as nosas mascotas en todo momento, deberiamos castralas, xa que desta forma evitaremos camadas indesexadas, abandonos e incluso eutanasias (buscáde no diccionario esta palabra). Ademáis, nos machos evitaremos un comportamento agresivo nas épocas de celo e certos tumores asociados aos órganos reproductores.
E o máis importante de todo: HAI QUE EDUCALOS. Non solo para que fagan as necesidades onde deben ou que non nos mordan as zapatillas (se algún de vós o conseguiu, que me diga como! jaja) senon a respetar aos membros da familia, que sexan pacíficos con outros animais e persoas, que paseen sen dar tiróns...
Porque da igual o grande que sexa o noso xardín. Hai que pasealos todos os días, ou un mínimo de 4 días á semana. Seguro que estariades tolos se vos pasásedes toda a vida no xardín da vosa casa sen poder saír, ou prendidos por unha corda. A que sí? Pois eles tamén. O paseo é unha manera de evitar que toleen e comecen a ter comportamentos agresivos coa a xente, incluso coa familia. Por suposto, se se trata dunha raza grande, non debedes pasealos vos solos. É recomendable que un adulto leve a correa, para evitar sustos se, por exemplo, ven un gato e dan un tirón, ou outro can se enfrenta co voso.
Podedes deixar comentarios sobre as vosas mascotas se queredes, e o próximo día, se traedes fotos (en pendrive) colgámolas no blog.
Son unha monada pero e mais guapa Pelusa
ResponderEliminarO meu animal favorito e o can, porque e un animal moi util para a compañia.
ResponderEliminarTodos os cans son preciosos pero dan moito traballo.
ResponderEliminarEncantanme estos animais.
ResponderEliminar