Seguro que estes días escoitáchedes a terrible noticia da que se fixeron eco todos os medios de comunicación: as fragas do Eume arderon durante días, e as tarefas de extinción víronse complicadas polo vento, que non amainaba.
Pero que sabemos sobre este lugar?
Atópanse na provincia de A Coruña, nos arredores do río Eume, e é considerado un dos mellores parques atlánticos de todo o continente europeo. Nel podemos atopar moitas especies animais e vexetais en perigo de extinción, e incluso algúns felgos que xa poboaban a terra hai milleiros de anos (sí, sí, na época dos dinosaurios).
De novo choramos os galegos a perda dos nosos montes, que algúns desalmados están a queimar sen pararse a pensar no irreparable mal que están a facer. Pero non desacouguedes, que non todo está perdido. Hai moita xente loitando para que isto non volva a suceder, e que está a traballar duro nas labores de repoboación das nosas paisaxes. Dende aquí queremos agradecerlles o seu esforzo e dedicación, que moitas veces por desgracia, pagan coa vida.
E precioso mais bonito imposible.
ResponderEliminarSe puidese mudariame ali.
ResponderEliminarQue desgracia a do incendio.
ResponderEliminarEse monte era super verde pero gracias ao incendio e super castaño.
ResponderEliminar