Pero chegou Coco Chanel. Seguro que vos sona, porque creou unha marca co seu nome moi coñecida hoxe en día. Esta muller foi un referente na moda feminina, porque diseñou por fin unha roupa feminina pero á vez cómoda, que lle permitise a muller vestirse para cada situación, e por primeira vez, con pantalóns.
Tamén influiu a chegada da guerra (a II Guerra Mundial) e os diseños tiveron que adaptarse á epoca terrible que se viviu. Os tecidos eran máis pobres, utilizábase menos tela e a roupa, utilizando diferentes complementos, servía tanto para o día como para as festas. Tamén se popularizou o look militar.
Pouco a pouco se vai acortando a falda, ata chegar á famosa minifalda. Que escándalo supuxo na época que as mulleres ensinaran tanta perna! E iso que aínda non eran tan curtas como hoxe en día. Seguro que se lles preguntades ás vosas avoas e nais sobre as minis, vos poderán contar algunha anécdota sobre elas.
Dende entón, houbo moitas outras modas, pero ningunha tan polémica como a minifalda e a incorporación do pantalón ao vestiario feminino.
E para rematar esta viaxe, aquí vos deixo unhas fotiños sobre a evolución do traxe de baño.
Esta é Úrsula Andress, unha actriz que nunha película de James Bond luciu este bikini. Foi todo un escándalo na época! Demasiado curto, demasiado provocativo... Como cambian as cousas, non si? |
Profe menudas fotos puxeches.
ResponderEliminar¡¡O traxe de baño dos homes e feísimo!!
ResponderEliminarEu fun unha grán fan de Coco Chanel.
ResponderEliminarQue incómodo debía ser lebar esa estructura de metal debaixo da falda.
ResponderEliminarQue ben lle queda o traxe de militar a as mulleres.
ResponderEliminarQUE ROUPA TAN ANTIGA, PERO HAI ALGUNHA QUE OUTRA MOI CHULA.
ResponderEliminar