Parece que o tema da vestimenta vos interesa moito, e a verdade e que unha forma máis de analizar a historia, xa que os traxes, a roupa interior..., foi evolucionando cos tempos e os costumes da xente.
Por exemplo, fixádevos neste corsé que utilizaban as mulleres no s. XIX. Non parece moi cómodo, verdade? Claro que era para as mulleres de alta sociedade, que non tiñan que realizar traballos físicos. Imaxinádesvos o que debía ser abaixarse para fregar o piso con semellante armatroste?
Este corsé podía causar deformación de órganos internos, problemas gástricos (de estómago), dificultade respiratoria, deformidade da columna vertebral... Vamos, que mais que roupa interior parecía un artefacto de tortura feminina.
Bueno, o próximo día falaremos un pouquiño máis sobre a roupa, especialmente da vestimenta típica dos galegos.
Esta roupa non é moi comoda.
ResponderEliminar