viernes, 4 de abril de 2014

Buscando un fogar para Nova



Fai unhas semanas no colexio topámonos con unha gran sorpresa: unha cadeliña pariu uns cachorriños nun buraco debaixo dun dos porches!
Ao longo dos días e con moito traballo conseguimos sacar os cachorriños e toparlles un bo fogar, onde os poidan coidar axeitadamente e darlles un montón de cariño. Mirade que bonitiños!
Pero desgraciadamente ninguén quixo a Nova (así lle puxemos por Vilanova), a mamá dos cadelos. Tal vez porque é adulta, ou porque é femia. O caso é que tiñamos que levala á canceira de Meis, onde con toda seguridade acabaría sendo sacrificada. Entre todos estamos intentando toparlle un bo fogar, e para iso primeiro levámola á veterinaria:
Alí cortáronlle o leite, desparasitáronna e comprobaron que non tiña ningunha enfermidade. Agora atópase á espera dun bo dono que lle dea cariño. Animádevos! 
Fai dúas semanas
Agora
Os interesados pódense poñer en contacto co colexio, e aquí informaranlles sobre todo o relacionado con esta simpática cadeliña.

4 comentarios:

  1. Hola son Rosana a de 4° . E. miña prima atopou a 2 persona. Para que pregunten. Si queren a cadela. Seguro que lle bamos atopar un bo fogar

    ResponderEliminar
  2. espero que lle atopemos un vo fogar

    ResponderEliminar
  3. Pobrezito perro aver si lle encontran un fogar

    ResponderEliminar