Comezamos un novo curso e de seguro que andamos aínda algo perdidos, non si?
Para axudarvos a arrancar con bo pé, aquí van un par de recomendacións que de seguro vos van ser moi útiles:
- Aínda que teño clase nova, profe nova e libros novos, non debo poñerme nervioso/a. Vou pasalo moi ben e aprender un montón de cousas novas. Seguro que algunhas son difíciles, pero se todo fose fácil que aburrido sería, non?
- A profe non nos vai guisar e comer; podo preguntarlle as dúbidas cando non entendo algo.
- Xa son un neno/a maior; podo facerme cargo das miñas cousas (libros, libretas, chaqueta...).
- Agora teño que facer deberes e estudiar; voume poñer todos os días á mesma hora, e vou repasar o que aprendín para non olvidalo.
- Se fago as tarefas rápido e ben vou ter máis tempo para xogar cos amigos ou ir ás actividades deportivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario