jueves, 23 de febrero de 2012

Rosalía de Castro

Archivo:Rosalia.jpg                           

Lembrades o poema publicado nunha entrada da semana pasada? Pois para os que non deran coa clave, era de Rosalía de Castro, unha importantísima escritora do século XIX nada en Padrón. (Xa vedes, aquí ao ladiño).
E por que é tan importante? Pois por moitas cousas, aínda que a principal para nós os galegos, é que foi unha das primeiras escritoras en recuperar o galego como lingua literaria
"Profe, non te enrolles, que non entendemos nada!"
Vale, vale. Quero dicir que naquela época o galego apenas se falaba. E aínda por riba, estaba mal visto, porque se pensaba que era de pobres e incultos.
A tradición escrita estaba perdida, é dicir, o galego soamente se utilizaba na lingua oral, e ninguén se atrevía a escribir neste idioma, porque sería un desprestixio para o escritor que ousara semellante cousa.
Por isto Rosalía é tan importante para os galegos. Porque grazas a ela podemos utilizar este idioma noso sen vergoña ningunha. Pero aínda quedan moitas cousas que dicir sobre esta poetisa, así que estade atentos nos vindeiros días, que colgaremos máis cousiñas sobre ela no blog da biblioteca.    

jueves, 16 de febrero de 2012

Gemma Mengual

Outra das grandes figuras dos Xogos é Gemma Mengual, unha das mellores nadadoras da natación sincronizada do noso país e do mundo enteiro.
Conseguíu dúas medallas de prata nos últimos Xogos de Pekín, aínda que estas son unha pequena parte do medallero conseguido durante todos estes anos en campeonatos europeos, mundiais...
Espero que disfrutedes con este vídeo onde se mostra o exercicio que fai coa súa compañeira Andrea Fuentes, e co cal gañaron unha medalla de prata nos mundiais.
Pero todo o bo acaba, e onte decidiu anunciar a súa retirada como deportista de élite; incluso os mellores deportistas deben xubilarse, e agora tocoulle o turno. Pero sempre nos quedarán os seus magníficos e innovadores exercicios para a lembranza. Gracias, Gemma!

martes, 14 de febrero de 2012

Jesse Owens



Archivo:Jesse Owens.jpgSeguindo co tema dos mellores deportistas dos Xogos, esta semana toca falar de Jesse Owens, coñecido velocista que rompeu o record vixente ata o momento en 200 metros lisos, e que gañou 4 medallas de ouro neses Xogos de Berlín.
Sabedes onde queda Berlín? Exacto, en Alemania. E todo isto ocorreu no ano 1936, é dicir, ás portas da Segunda Guerra Mundial.
Adolf Hitler tentaba con estes xogos mostrarlle ao mundo a superioridade da "raza aria" (é dicir, os blancos) sobre os negros, que eran considerados inferiores. Por suposto, os nazis esperaban gañar un carro de medallas, así que imaxinádevos a cara que se lles quedou cando un corredor negro, neto dun escravo e fillo dun granxeiro, demostrou o equivocados que estaban.
De feito, Hitler negouse a darlle a man aos deportistas negros e aplaudiu soamente aos deportistas alemáns. O Comité Olímpico considerou isto como unha conducta antideportiva, (vos que opinades?) e deulle a elixir entre aplaudir a todos os deportistas ou a ningún. Hitler decidíu non aplaudir a ningún, e non asistíu ás presentacións de medallas.
E por todo isto, Jesse Owens é considerado non só un grandísimo deportista, senón un dos referentes da igualdade e a deportividade.



jueves, 9 de febrero de 2012

Xogos Olímpicos

Cada catro anos, celebramos os Xogos Olímpicos. Este ano toca en Londres, ven cerquiña de aquí. Na clase fixemos un repaso dalgúns dos máis famosos deportistas que participaron en tan grandioso evento.
E como exemplo, Nadia Comaneci, a primeira ximnasta en conseguir un 10 na historia dos Xogos, aínda que non foi o único da súa carreira. Se queredes saber un pouquiño máis sobre ela, podédesvos achegar ata a porta da nosa clase, onde colgamos un traballiño moi xeitoso que fala de todo isto.


Cada semana colgaremos un pouquiño de información sobre cada un dos deportistas que traballamos, aínda que son moitos e seguro que algún nos queda atrás.

lunes, 6 de febrero de 2012

As enerxías renovables

O 2012 é o ano adicado ás enerxías renovables; Esta semana estamos a traballar os tipos de enerxía, e imos facer uns traballos en grupo sobre as renovables e non renovables. Non vos preocupedes, cando rematemos publicaremos os resultados. Pero para ir introducíndonos no tema, e para que pensemos un pouquiño, aquí vos deixo este vídeo. Podedes deixar os vosos comentarios sobre ideas que potencien a sostenibilidade. Sabedes o que significa esa palabra? Ala, ala, a pensar...

viernes, 3 de febrero de 2012

Atención, Resolvecasos!!


BÚSCASE!! ROUBADO!!

A duquesa Gunila Millonetis ofrece unha recompensa de 1.000.000 de pesos millonetis a aquel que atope o cadro roubado. Ten moito valor para a familia. Que pintor famoso é o autor desta obra?



A furgoneta dos ladróns foi vista por última vez no centro de Europa. As únicas pistas da policía son unhas fotografías que deixaron olvidadas na súa precipitada fuxida. A vosa misión é averiguar de que país se trata. Adiante, Resolvecasos, sodes a nosa última esperanza!

miércoles, 1 de febrero de 2012

Mais producciones destes rapaces.

Y ahora, en castellano:


 El timbre del cole
Tic, tac, tic, tac,
a las ocho
nos vamos a levantar.
Tic, tac, tic, tac,
a las nueve
el timbre va a tocar.
Tic, tac, tic, tac,
a las once y media
al recreo vamos a jugar.
Tic, tac, tic, tac,
a las doce y media
música va a sonar.
Tic, tac, tic, tac,
a las dos del colegio
nos vamos a marchar.
(Marta, Lidia y Stefany)

El fondo del mar
Este poema trata
de esto que os vamos
a contar.
Mira el pulpo nadar, 
la medusa flotar
y el bonito cangrejo
andar hacia atrás.
Las sardinas nadan sin parar
por el fondo del mar.
El fondo del mar 
nos sorprende 
cada día más.
(Alberto y Santiago)

La primavera
La primavera es bella.
De todas las estaciones
es la escogida 
para ser la más florida.
Floreciendo, floreciendo,
quedan esas flores
tan bonitas
con aromas de delicias.
Vienen las golondrinas, 
hacen su nidito,
ponen los huevos
para que pronto
salgan los pollitos.
(Nicolás, Adrián M. y Óscar)