lunes, 26 de marzo de 2012

O largo da falda

Seguindo un pouquiño co tema da roupa, hoxe vamos falar do largo da falda ao longo dos séculos.
Na antigüidade, tanto os homes como as mulleres levaban esta prenda.
 

Na Idade Media marcouse a diferencia entre a falda do home, máis curta, e a da muller, que era ata os pés.
 
Despois desta etapa, as prendas do home tenderon a facerse máis cómodas, e así xurdiu o pantalón, aínda que non como o coñecemos hoxe en día, xa que aínda non estaba inventada a cremallera. En cambio, as vestimentas da muller fóronse facendo cada vez máis incómodas e complicadas.
 

lunes, 19 de marzo de 2012

Resolvecasos

Gracias á vosa inestimable axuda, a policía conseguíu seguirlles a pista aos ladróns ata esta típica zona residencial holandesa. Creemos que é ahí onde agochan o valioso cadro, pero xa sospeitan que os localizamos.

Necesitamos que elaboredes un plan para entrar na casa, recuperar o cadro e apresar aos delincuentes. Canto máis imaxinativos sexades, máis probabilidades haberá de éxito, porque do que se trata e de collelos por sorpresa. Ánimo, resolvecasos! E lembrade o refrán que di: "máis vale maña que forza". O plan máis eficiente recibirá a recompensa do millón de pesos millonetis. Escribide o voso plan nos comentarios, e entre todos votaremos o máis eficiente. Sorte!

jueves, 15 de marzo de 2012

Evolución da vestimenta da muller

Parece que o tema da vestimenta vos interesa moito, e a verdade e que unha forma máis de analizar a historia, xa que os traxes, a roupa interior..., foi evolucionando cos tempos e os costumes da xente.
Por exemplo, fixádevos neste corsé que utilizaban as mulleres no s. XIX. Non parece moi cómodo, verdade? Claro que era para as mulleres de alta sociedade, que non tiñan que realizar traballos físicos. Imaxinádesvos o que debía ser abaixarse para fregar o piso con semellante armatroste?

Este corsé podía causar deformación de órganos internos, problemas gástricos (de estómago), dificultade respiratoria, deformidade da columna vertebral... Vamos, que mais que roupa interior parecía un artefacto de tortura feminina.
Bueno, o próximo día falaremos un pouquiño máis sobre a roupa, especialmente da vestimenta típica dos galegos.

lunes, 12 de marzo de 2012

Apócemas e outros conxuros

Esta semana tocou aprender a facer recetas, así que os rapaces estiveron a fabricar as súas apócemas. O que non sabemos é se funcionan, pero case mellor non probar...
Estas son as que saíron gañadoras despois dunha axustada votación:
Poción de veleno
Ingredientes: 
Unha bola de caca de escaravello pelotero, un ollo de cernícalo, sardiñas do ano 1892, un pelo de Juan Sebastián Elcano e veleno de sepia.
Como se fai:
Enchemos unha pota de veleno de sepia. Despois, metemos o resto dos ingredientes, removemos ben e o poñemos a 500 graos centígrados. E xa está feita!
(Alberto Bernárdez)


Poción para facer un mono chiflado
Ingredientes:
3 litros de veleno, 2 litros de aceite, 5 Kg de mosquitos, un rato, 5 litros de sangue podre e quente de araña, 2 kg de tiza negra e 3 peteiros de galiña.
Como se fai:
Cócese todo a 170 graos centígrados. Despois cóllese o mono vivo, claro, e se mete na pota. Despois, cando o mono comece a remexerse, sácase, e así acaba. O mono chiflado queda realmente chiflado.
(Nicolás Nuñez)
Pero, que máis sabemos sobre as meigas? Porque dende logo, habelas, hainas!
  • Meigas-chuchonas: son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chuchan o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confección de pomadas.
  • Asumcordas ou bruxas da rúa: espreitan á xente e vixían quen entra e sae da casa.
  • Marimanta: é a meiga do saco, rouba raparigos e fainos desaparecer.
  • Feiticeira: vive preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan.
  • Lavandeira: esta meiga sorprende ao camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo se di, dun mal parto. Dise que a lavandera non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle palabra algunha.
  • Lobismuller: ten que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia no que tódolos fillos son mulleres.
  • Vedoira: é esvelta e agradable no trato. Posúe facultades adivinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda pena no Purgatorio.
  • Cartuxeiras: son meigas que botan as cartas e sempre acertan nos seus vaticinios.
  • Agoreiras: estas meigas avellentan prematuramente, pero viven moitos anos.
  • Dama de castro: esta meiga vive baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal, leva sempre un longo vestido branco de cola e sempre atende a solicitudes da xente. Xa que goza de benestar e fortuna, ningún tipo de favor serve para recibir dela consellos ou agasallos; ao contrario adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores.
  • Xacios: son seres mitolóxicos coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.
Pero tranquilos, que tamén hai formas de protexerse delas. Pero disto falaremos outro día. Que teñades unha terrorífica noite, meus mouchiños. Jejeje.

lunes, 5 de marzo de 2012

Galicia

Como esta semana estamos a falar do territorio, vamos a colgar unhas cantas cousiñas sobre a nosa terra que deberiamos saber:
Esta é a nosa bandeira:
Bandera de Galicia
E este é o noso escudo:
As sete cruces representan as sete provincias que había antigamente en Galicia. Sí, sí, fai moito tempo eran sete: Tui, Mondoñedo, Santiago, Bentanzos, Ourense, A Coruña e Lugo.
E este é o noso himno. Prestade atención, que a letra fai referencia a moita parte da nosa historia. Foi escrito por Eduardo Pondal, un dos nosos escritores máis representativos.

miércoles, 29 de febrero de 2012

Usain Bolt

O apodo deste jamaicano é "Lightning Bolt" (non penso traducilo, sabedes o significado de light, así que a pensar) e aos seus 25 anos xa é toda unha celebridade no mundo do deporte. Caracterízase por ser un dos corredores máis altos que compiten actualmente en atletismo, e ademáis gañou tres oros nos últimos Xogos de Pekín en 2008, batindo as plusmarcas mundiais en 100 e 200 metros lisos vixentes ata o momento.
Fixo os 100 m en 9,58 segundos!! e se non fixera o xesto cos brazos antes de chegar a meta para celebrar a súa inminente victoria, de seguro o tempo sería aínda menor.
O próximo día no patio marcamos os 100m e vamos a comprobar cánto nos leva a nós. De seguro que moito!
Comprobade vos mesmos a grandiosidade de Lightning Bolt (un consello, non pestanexedes ou volo perdedes. jaja):

martes, 28 de febrero de 2012

As neuronas

Como parece que o arranxo do ordenador de clase vai para largo, aquí vos deixo un pouquiño de información sobre a neurona.

La neurona
La neurona es la célula fundamental y básica del sistema nervioso.
Es una célula alargada, especializada en conducir impulsos nerviosos.
En las neuronas se pueden distinguir tres partes fundamentales, que son:
Soma o cuerpo celular: corresponde a la parte más voluminosa de la neurona. Aquí se puede observar una estructura esférica llamada núcleo. Éste contiene la información que dirige la actividad de la neurona. Además, en el soma se encuentra el citoplasma. En él se ubican otras estructuras que son importantes para el funcionamiento de la neurona.
Dendritas: son prolongaciones cortas que se originan del soma neural. Su función es recibir impulsos de otras neuronas y enviarlas hasta el soma de la neurona.
Axón: es una prolongación única y larga. En algunas ocasiones, puede medir hasta un metro de longitud. Su función es sacar el impulso desde el soma neuronal y conducirlo hasta otro lugar del sistema. 
la neurona para niños de primaria


Bueno, quedádevos coa forma que ten e o funcionamento xeral, e ide cavilando sobre os materiais que ides utilizar para facer a vosa. Lembrade que o traballo pode facerse en grupo.
Agora, demostra o que aprendiches Que tal saíu?