jueves, 19 de febrero de 2015

Máis cousas sobre a nosa investigación

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEieFJDUgLYQ-T_p8C8LgqFaftlkmLrLF8d9HhKtvigeZRnJbrsrAnzNcxHVD9tcGehNS0rvHgzs1faqO28YwhIj92J7yOVzUxE17qJ7EykD0E-hZp3TalLntrKUiM2oA68rPqCdgnIHnvB1/s1600/mapa_sud_america.jpg

Peru é de onde veñen as cobaias. A súa capital e  Lima.
Os depredadores das cobaias son o raposo ,a águia e a serpe.
Viven en praderías e nos  tobos. As cobaias poden chegar a vivir 4 ou 5 anos.
Aliméntanse de:
  • canónigos
  • pemento
  • feo 
  • penso
  • froita
  • calabacín
  • dente de león
  • rúcula 
 http://www.mercadofisherton.com/EXTRANET/ABM/noticias/pics/rq3hvgo9s5.jpg
Alimentos prohibidos:
  • perexil
  • carne
  • productos lácteos
  • cebolas
  • setas
  • millo
  • patacas
  • repolo
  • aguacates

miércoles, 28 de enero de 2015

Charla sobre reciclaxe

http://www.edu.xunta.es/centros/iesportoson/system/files/u19/recicle-el-s-iacutembolo-thumb4055132.jpg
Hoxe aprendemos moito sobre como coidar o noso entorno coa "regra das tres R":
  • Reducir
  • Reutilizar
  • Reciclar
Reducir: Debemos comprar o xusto e necesario para non xerar demasiados residuos.
http://static.betazeta.com/www.veoverde.com/wp-content/uploads/2012/06/garbage-cans-world-660x350.jpg
Reutilizar: Podemos darlles novos usos aos residuos, como por exemplo facendo manualidades.
http://ubicandoando.com/wp-content/uploads/2014/07/manualidades.jpghttp://www.mujeraldia.com/imagenes/2013/06/Manualidades-de-reciclaje-para-ni%C3%B1os-divertidos.jpg
con botellas de plástico e vidro
http://www.mamasybebes.com/wp-content/uploads/2014/03/Manualidades-infantiles-con-tubos-de-cart%C3%B3n.png
con cartón...
 Reciclar: É dicir, convertir os residuos en cousas novas. Por exemplo:
http://www.reciclamos.org/reciclamos/wp-content/uploads/2010/03/camiseta.jpg



Así que mans á obra, nenos!



viernes, 23 de enero de 2015

Proxecto sobre as cobaias

http://animalmascota.com/wp-content/2010/11/cobaya.jpg
Esta semana fixemos un proxecto sobre cobaias.Os xoves nas horas de ler ao mellor podedes vir a coñecer a nosa cobaia. Vos explicaremos moitas cousas sobre elas. Esperamos que  veñades. E ao final habera moitas sorpresas!  

martes, 7 de octubre de 2014

Benvidos ao novo curso!

Benvidos a todos e todas, nenos e maiores!
Comezamos un novo curso e de seguro que andamos aínda algo perdidos, non si?
Para axudarvos a arrancar con bo pé, aquí van un par de recomendacións que de seguro vos van ser moi útiles:
  • Aínda que teño clase nova, profe nova e libros novos, non debo poñerme nervioso/a. Vou pasalo moi ben e aprender un montón de cousas novas. Seguro que algunhas son difíciles, pero se todo fose fácil que aburrido sería, non?
  • A profe non nos vai guisar e comer; podo preguntarlle as dúbidas cando non entendo algo.
  • Xa son un neno/a maior; podo facerme cargo das miñas cousas (libros, libretas, chaqueta...). 
  • Agora teño que facer deberes e estudiar; voume poñer todos os días á mesma hora, e vou repasar o que aprendín para non olvidalo.
  • Se fago as tarefas rápido e ben vou ter máis tempo para xogar cos amigos ou ir ás actividades deportivas.
  •  

viernes, 4 de abril de 2014

Buscando un fogar para Nova



Fai unhas semanas no colexio topámonos con unha gran sorpresa: unha cadeliña pariu uns cachorriños nun buraco debaixo dun dos porches!
Ao longo dos días e con moito traballo conseguimos sacar os cachorriños e toparlles un bo fogar, onde os poidan coidar axeitadamente e darlles un montón de cariño. Mirade que bonitiños!
Pero desgraciadamente ninguén quixo a Nova (así lle puxemos por Vilanova), a mamá dos cadelos. Tal vez porque é adulta, ou porque é femia. O caso é que tiñamos que levala á canceira de Meis, onde con toda seguridade acabaría sendo sacrificada. Entre todos estamos intentando toparlle un bo fogar, e para iso primeiro levámola á veterinaria:
Alí cortáronlle o leite, desparasitáronna e comprobaron que non tiña ningunha enfermidade. Agora atópase á espera dun bo dono que lle dea cariño. Animádevos! 
Fai dúas semanas
Agora
Os interesados pódense poñer en contacto co colexio, e aquí informaranlles sobre todo o relacionado con esta simpática cadeliña.

martes, 14 de agosto de 2012

Xa queda menos!

Ola, ola, rapaces!
Que tal ese verán? Seguro que moi ben, e moi moreniños. Como di o título da entrada, ide aproveitando o que queda, que en nada xa estamos de novo no cole. Non estaría de mais que empezasedes a repasar un pouquiño de matemáticas, que seguro que a estas alturas xa se vos olvidou case todo. Xa sabedes: as táboas, sumas, restas, multiplicacións, divisións, problemas... vamos, todo iso que tanto vos gusta. Jeje.
Estou segura de que seguíchedes as Olimpiadas, non si? Cal foi o deporte que máis vos gustou? A min a ximnasia e a natación sincronizada. Menudos fenómenos (e fenómenas)!
Aquí vos deixo unhas cantas fotos sobre os deportistas máis destacados, incluidos os españois, por suposto.

E agora, imos falar un pouquiño deste home, que é todo un exemplo de superación. Fixadevos ben na foto:

O seu nome é Oscar Pistorius. É un atleta sudafricano, ao que lle amputaron as pernas con 11 meses de idade porque nacera sen peroné. A ver, pensade que é iso do peroné, que xa o demos. Pois o lóxico é que participase nos Xogos Paralímpicos, e así o fixo ata agora, conseguindo a mellor marca de velocidade nos 400m. Pero pedíu ir aos Xogos Olímpicos, e finalmente cumplíu o seu soño. Non estivo entre os primeiriños, pero dende logo é admirable. Ben rapaciños, aquí me despido. Ata máis ver!

viernes, 6 de julio de 2012

Habemus Códice!

Aínda que xa chegaron as vacacións, a cabeciña non para! E hai moitas máis oportunidades de aprender, non o dubidedes.
Seguindo un pouquiño a actualidade, seguro que xa escoitáchedes a noticia do famoso Códice Calixtino. Dichoso libro! E iso que será? E todo este lío por un libro vello?
Pois aínda que non o creades, é unha das obras máis importantes e valiosas do mundo. Para empezar, porque é un dos máis antigos que existen: escribiuse no século XII (é dicir, entre os anos.....? a pensar, que isto xa o demos) e a man, por suposto, que daquela non había ordenadores.
O idioma era o latín, que como xa falamos, era o idioma do pobo romano, que trouxeron a España cando nos conquistaron, e que a Igrexa utilizaba ata fai pouco na misa. Preguntade as vosas avoas, seguro que se lembran das misas en latín.
E de que trata? Pois era unha especie de guía para os peregrinos que facían o Camiño, e tamén falaba das costumes dos pobos e xentes que podían atopar no seu camiño naquela época.
Agora tócavos a vós. Quen pode explicar ben clariño e de maneira sinxela o que pasou con el neste último ano? E onde estaba gardada esta obra antes do roubo? En que provincia? Pista: seguro que se ledes os periódicos estes días, atoparedes a resposta moi facilmente. De chorizos vai a cousa. jajaja. Ala, a poñerse morenos. E estade atentos, que algunha que outra entrada máis poñerei este verán.


Isto sí que é boa letra!