martes, 7 de octubre de 2014

Benvidos ao novo curso!

Benvidos a todos e todas, nenos e maiores!
Comezamos un novo curso e de seguro que andamos aínda algo perdidos, non si?
Para axudarvos a arrancar con bo pé, aquí van un par de recomendacións que de seguro vos van ser moi útiles:
  • Aínda que teño clase nova, profe nova e libros novos, non debo poñerme nervioso/a. Vou pasalo moi ben e aprender un montón de cousas novas. Seguro que algunhas son difíciles, pero se todo fose fácil que aburrido sería, non?
  • A profe non nos vai guisar e comer; podo preguntarlle as dúbidas cando non entendo algo.
  • Xa son un neno/a maior; podo facerme cargo das miñas cousas (libros, libretas, chaqueta...). 
  • Agora teño que facer deberes e estudiar; voume poñer todos os días á mesma hora, e vou repasar o que aprendín para non olvidalo.
  • Se fago as tarefas rápido e ben vou ter máis tempo para xogar cos amigos ou ir ás actividades deportivas.
  •  

viernes, 4 de abril de 2014

Buscando un fogar para Nova



Fai unhas semanas no colexio topámonos con unha gran sorpresa: unha cadeliña pariu uns cachorriños nun buraco debaixo dun dos porches!
Ao longo dos días e con moito traballo conseguimos sacar os cachorriños e toparlles un bo fogar, onde os poidan coidar axeitadamente e darlles un montón de cariño. Mirade que bonitiños!
Pero desgraciadamente ninguén quixo a Nova (así lle puxemos por Vilanova), a mamá dos cadelos. Tal vez porque é adulta, ou porque é femia. O caso é que tiñamos que levala á canceira de Meis, onde con toda seguridade acabaría sendo sacrificada. Entre todos estamos intentando toparlle un bo fogar, e para iso primeiro levámola á veterinaria:
Alí cortáronlle o leite, desparasitáronna e comprobaron que non tiña ningunha enfermidade. Agora atópase á espera dun bo dono que lle dea cariño. Animádevos! 
Fai dúas semanas
Agora
Os interesados pódense poñer en contacto co colexio, e aquí informaranlles sobre todo o relacionado con esta simpática cadeliña.

martes, 14 de agosto de 2012

Xa queda menos!

Ola, ola, rapaces!
Que tal ese verán? Seguro que moi ben, e moi moreniños. Como di o título da entrada, ide aproveitando o que queda, que en nada xa estamos de novo no cole. Non estaría de mais que empezasedes a repasar un pouquiño de matemáticas, que seguro que a estas alturas xa se vos olvidou case todo. Xa sabedes: as táboas, sumas, restas, multiplicacións, divisións, problemas... vamos, todo iso que tanto vos gusta. Jeje.
Estou segura de que seguíchedes as Olimpiadas, non si? Cal foi o deporte que máis vos gustou? A min a ximnasia e a natación sincronizada. Menudos fenómenos (e fenómenas)!
Aquí vos deixo unhas cantas fotos sobre os deportistas máis destacados, incluidos os españois, por suposto.

E agora, imos falar un pouquiño deste home, que é todo un exemplo de superación. Fixadevos ben na foto:

O seu nome é Oscar Pistorius. É un atleta sudafricano, ao que lle amputaron as pernas con 11 meses de idade porque nacera sen peroné. A ver, pensade que é iso do peroné, que xa o demos. Pois o lóxico é que participase nos Xogos Paralímpicos, e así o fixo ata agora, conseguindo a mellor marca de velocidade nos 400m. Pero pedíu ir aos Xogos Olímpicos, e finalmente cumplíu o seu soño. Non estivo entre os primeiriños, pero dende logo é admirable. Ben rapaciños, aquí me despido. Ata máis ver!

viernes, 6 de julio de 2012

Habemus Códice!

Aínda que xa chegaron as vacacións, a cabeciña non para! E hai moitas máis oportunidades de aprender, non o dubidedes.
Seguindo un pouquiño a actualidade, seguro que xa escoitáchedes a noticia do famoso Códice Calixtino. Dichoso libro! E iso que será? E todo este lío por un libro vello?
Pois aínda que non o creades, é unha das obras máis importantes e valiosas do mundo. Para empezar, porque é un dos máis antigos que existen: escribiuse no século XII (é dicir, entre os anos.....? a pensar, que isto xa o demos) e a man, por suposto, que daquela non había ordenadores.
O idioma era o latín, que como xa falamos, era o idioma do pobo romano, que trouxeron a España cando nos conquistaron, e que a Igrexa utilizaba ata fai pouco na misa. Preguntade as vosas avoas, seguro que se lembran das misas en latín.
E de que trata? Pois era unha especie de guía para os peregrinos que facían o Camiño, e tamén falaba das costumes dos pobos e xentes que podían atopar no seu camiño naquela época.
Agora tócavos a vós. Quen pode explicar ben clariño e de maneira sinxela o que pasou con el neste último ano? E onde estaba gardada esta obra antes do roubo? En que provincia? Pista: seguro que se ledes os periódicos estes días, atoparedes a resposta moi facilmente. De chorizos vai a cousa. jajaja. Ala, a poñerse morenos. E estade atentos, que algunha que outra entrada máis poñerei este verán.


Isto sí que é boa letra!

lunes, 25 de junio de 2012

Chegou o verán?

Playa paradisiaca1 550x412 Playa Paradisiaca


Vaia, vaia! Xa queda pouquiño para o verán (lembrade que comeza o 21 deste mes) e parece que como non cambien as cousas, poucos días de praia imos ter. Pero como dicimos en Galicia, malo será!

Na praia, como en todos os sitios os que vaiamos, debemos comportarnos adecuadamente, e iso significa...
  1. Gardar todos os desperdicios nunha bolsiña para despois tirar no lixo. Que ben se pasa de merendola na praia! Pero se todos deixasemos o lixo tirado, outro galo cantaría, non sí? E iso  inclue as cabichas (colillas) dos fumadores.
  2. Tentar non gritar demasiado, porque a xente vai a relaxarse, e aínda que o esteamos a pasar moi ben, non ten por que enterarse todo Vilanova, non? E se queremos escoitar música, utilizaremos cascos. Seguro que o noso veciño de toalla o agradecerá.
  3. Na auga, aínda que saibamos nadar, non nos alonxaremos moito da beira, e moito menos se non hai un adulto vixiando. Ata os mellores nadadores poden cometer erros!
  4. En fin, todas aquelas cousas que son de sentidiño común, e que ás veces, se nos olvida aplicar. 
Seguro que se vos ocorre algunha outra. Non dubidedes en publicalos nos comentarios!



martes, 22 de mayo de 2012

Conselliños para os exames

Bueno, rapaces!
Esta é unha mensaxe de ánimo, para que mañá non esteades nerviosos polas dichosas probas de diágnóstico.
Lembrade estes sinxelos consellos, e todo irá sobre rodas. Xa veredes como o ides facer ben:

  • Durmide ben pola noite, que con preocuparvos non solucionades nada. O único que ides conseguir é estar aparvados o día do exame. E iso non é bo, non si?
  • Antes de contestar nada, LEDE BEN O QUE VOS PREGUNTAN (deberían pagarnos aos papás e a min por cada vez que dicimos isto, seguro que xa eramos millonarios). 
  • Se tendes dúbidas sobre o plantexamento dalgún exercicio, preguntade
  • Administrade ben o tempo. Non papedes moscas diante dun exercicio porque non sae se tendes aínda que respostar outros exercicios. O que non saibades, deixádeo para o final.
  • Unha vez que rematedes, repasade as vosas respostas. Se hai algunha redacción, lédea amodiño para saber se puntuáchedes ben, se hai faltas, se o que escribíchedes ten sentido...
  • E por último, se sabedes rezar, rezade. Disque axuda. Ja, ja, ja!
Bueno, bromas fora. Estes conselliños tamén vos irán moi ben para calquer exame ou proba que realicedes no colexio, instituto, universidade, ciclo...
Pero claro, os milagres non existen. Así que o primeiriño de todo será estudiar. Pero isto non fai falta que o diga, ou si?

martes, 8 de mayo de 2012

Roupa tradicional galega

Imos ver unhas fotiños da roupa típica dos labregos fai 100 ou 150 anos atrás. Lembrades que Lidia trouxo a roupa de festa galega? Pois esta é a roupa de festa do home e da muller:

Pero esta vestimenta pode variar dunha zona a outra:

E por suposto, non podemos olvidar estoutros: 

Seguro que recoñecedes algún dos disfraces desta foto, non? Algúns deles teñen centos de anos de tradición.
E que hai do calzado? Para aqueles afortunados que podían pagalo, estaban as chancas de pel, e para traballar no campo, as zocas.
zoco galego 3 por cueroartesano.ZUECOS GALLEGOS .finales XIX. p.p.s XX- DE USO COTIDIANO- 35 cm.Long,total (Antigüedades Técnicas - Antiguedades Rústicas)
E por último, vexamos unha recopilación de fotos antigas que atopei pola rede e que nos poden axudar a ilustrar un pouquiño como se vivía naquela época.



Se queredes coñecer algo máis sobre este tema, recoméndovos que visitedes o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e alí poderedes ver unha mostra mais detallada do que se mostra aquí.