Que tal ese verán? Seguro que moi ben, e moi moreniños. Como di o título da entrada, ide aproveitando o que queda, que en nada xa estamos de novo no cole. Non estaría de mais que empezasedes a repasar un pouquiño de matemáticas, que seguro que a estas alturas xa se vos olvidou case todo. Xa sabedes: as táboas, sumas, restas, multiplicacións, divisións, problemas... vamos, todo iso que tanto vos gusta. Jeje.
Estou segura de que seguíchedes as Olimpiadas, non si? Cal foi o deporte que máis vos gustou? A min a ximnasia e a natación sincronizada. Menudos fenómenos (e fenómenas)!
Aquí vos deixo unhas cantas fotos sobre os deportistas máis destacados, incluidos os españois, por suposto.
E agora, imos falar un pouquiño deste home, que é todo un exemplo de superación. Fixadevos ben na foto:
O seu nome é Oscar Pistorius. É un atleta sudafricano, ao que lle amputaron as pernas con 11 meses de idade porque nacera sen peroné. A ver, pensade que é iso do peroné, que xa o demos. Pois o lóxico é que participase nos Xogos Paralímpicos, e así o fixo ata agora, conseguindo a mellor marca de velocidade nos 400m. Pero pedíu ir aos Xogos Olímpicos, e finalmente cumplíu o seu soño. Non estivo entre os primeiriños, pero dende logo é admirable. Ben rapaciños, aquí me despido. Ata máis ver!